O concello de Ribadeo é o primeiro de Galicia en aprobar en Pleno a moción sobre Compra Pública Responsable presentada por Amarante e Verdegaia en case medio centenar de concellos dentro da campaña conxunta a prol da compra pública responsable . Agardamos que a aprobación desta iniciativa abra o camiño no compromiso das administracións locais co Consumo Responsable e o medio ambiente.
Related Posts

DENUNCIA
Entradas Facebook
1 semana fai
7 de marzo: plantación de carballos en Leiro (Rianxo)
As #BrigadasDeseucaliptizadoras e a Montescola voltan a colaborar coa Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Leiro (en Rianxo) cunha nova acción para plantar carballos e crear faixas verdes de frondosas e axudar a crear unha paisaxe máis resiliente aos incendios.
Tamén podes colaborar con 1€/mes coas Brigadas grazas a Teaming
www.teaming.net/brigadasdeseucaliptizadoras
www.verdegaia.org/wp/7-de-marzo-plantacion-de-carballos-en-leiro-rianxo/
... Ver máisVer menos
2 semanas fai
Brigada en familia (Froxán, Lousame) coa Montescola
Domingo 1 marzo Froxán acolle xornada de voluntariado das #BrigadasDeseucaliptizadoras en familia con actividades pensadas especialmente para as máis cativas, da man das trasnas do Monte e q finalizarán cun toque de maxía. Crianzas e familias poderán plantar árbores frondosas nas zonas onde a Comunidade eliminou eucalipto.![]()
Comezará ás 10h e finalizará ás 13h logo dunha chocolatada. Inscrición, até o dia 27F en i.gal/marzal
www.verdegaia.org/wp/brigada-en-familia-en-froxan-lousame-o-1-de-marzo/
... Ver máisVer menos


















