O predio que deveria albergar o Centro de Interpretación da Natureza das Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro rematouse de construir no ano 2002. O seu custo foi de 470.000 € financiados na súa maior parte con fondos europeos.

Alén da má localización escolleita cómpre sinalarmos a existencia dalgúns defectos na construción que impediron a súa recepción pola cámara municipal do Concello do Porriño e a realización da segunda fase do proxecto: enchelo de contidos e contratar persoal. En abril de 2006 o delegado provincial da Consellaría de Medio Ambiente e o alcalde do Concello do Porriño anunciaron a elaboración conxunta dun proxecto de viabilidade do que nunca máis soubemos.

Este video amosa o seu estado actual.