O 85% das persoas no estado español quere devolver botellas de vidro e de plástico, latas e brics
á tenda o antes posible
A través dunha enquisa realizada a 1.000 persoas por LinQ Market Research estado español, unha abafadora maioría da cidadanía amosa o seu apoio o Sistema de Depósito para envases de bebidas, moi próxima a poñer en práctica no estado español a través da Lei de Residuos e o Real Decreto de Envases.
A maioría, un 58.3% das persoas enquisadas, danlle nota de dez á idea de devolver latas, botellas e brics á tenda e 9 de cada 10 queren que a iniciativa incorpore as botellas de vidro, algo que de momento non está nos plans do Ministerio de Transición Ecolóxica e que sería clave para fomentar a reutilización.
Unha inmensa maioría das persoas no estado español, case un 85%, apoia a idea do executivo de introducir no estado un Sistema de Depósito, Devolución e Retorno (SDDR) para envases de bebidas, unha práctica que consiste no que a consumidora deixa un depósito duns céntimos cando compra augas, cervexas, zumes ou refrescos, que recupera cando devolve ó comercio o envase baleiro, xa sexan latas, botellas de vidro e de plástico ou brics. Esta é a principal conclusión que se extrae dunha enquisa realizada recentemente pola consultora LinQ Market Research e presentada por un conxunto de 18 entidades da sociedade civil que, tamén a inicios de ano, denunciaron o estado español ante a Comisión Europea por non cumprir os obxectivos de reciclaxe e reutilización da UE para 2020.
A investigación, na que participaron 1.000 persoas de entre 18 e 65 años de todo o estado español, supón un reforzo para o proxecto de Lei de Residuos e do Real Decreto de Envases. Este proxecto abre a porta a pór en marcha un sistema similar ó que xa funciona con éxito en Alemaña ou os países nórdicos, onde se recuperan para a súa reutilización e reciclaxe máis do 90% dos envases de bebidas.
E queremos presentar esta enquisa no marco da semana europea de prevención de residuos e xusto cando recentemente se constituíu a ponencia no Congreso dos Deputados coas 15 parlamentarias que deberán liderar a aprobación da Lei de Residuos, onde o Sistema de Depósito debe ser unha medida clave que mude o rumbo da xestión dos residuos no estado español.
Na enquisa podemos atopar datos como:
Case un 60% ponlle un dez ó retorno de envases
Segundo podemos concluír na enquisa, o 84.8% das persoas participantes cre que devolver os envases de bebidas na tenda e recuperar así o diñeiro deixado previamente en concepto de depósito é unha moi boa idea (e danlle unha nota do 7 o 10), dándolle á iniciativa a máxima nota posíbel, un 10, o 58%. En total, o 95% das persoas interrogadas aproban a medida (nota do 5 o 10) de vender as bebidas con depósito e é o colectivo de mulleres novas, entre 18 e 24 anos, a que máis ositivamente valora o feito de poder retornar latas, botellas e brics a tenda.
Un Sistema de Depósito que incorpore o vidro
Na enquisa tamén se pregunta á cidadanía sobre os tipos de envases que queren poder retornar. 9 de cada 10 persoas queren que as botellas de vidro formen parte do Sistema de Depósito, sendo o envase máis mencionado entre as enquisadas. Este punto é decisivo porque, a día de hoxe, o Ministerio de Transición Ecolóxica non contemplou esta opción no proxecto de Real Decreto de envases. A maioría tamén quere que envases de plástico (85%), latas (79%) e brics (62%) formen parte da proposta de SDDR que impulse o executivo.
Un entorno libre de envases abandonados
Para o 88% das persoas enquisadas, a consecuencia directa de contar cun Sistema de Depósito para envases de bebidas sería a redución da contaminación que provocan cada día no estado español os 35 millóns de botellas, latas e brics que acaban en vertedeiros, incineradoras ou abandonadas en rúas, camiños, bosques, ríos e praias.
De feito, os datos avalan esta percepción de drástica redución do littering (enporcallamento) coa venta das bebidas con depósito. Segundo un informe da empresa pública Tragsatec sobre a viabilidade económica e medioambiental do Sistema de Depósito, a cantidade de envases de bebidas dispersada anualmente no medio ambiente como lixo reduciríase en 6.752 toneladas, limitándose a 2.193 toneladas anuais nun esquema focalizado só en latas e botellas de plástico.
O Sistema de Depósito, canto antes
Finalmente, a fórmula condicionada ó cumprimento duns obxectivos para introducir o Sistema de Depósito no estado español difire da vontade da opinión pública, que pide que se implante o antes posíbel. O executivo aposta por poñelo en marcha se non se alcanza o 70% de botellas de plástico dun so uso recuperadas en 2023 e o 85% en 2027. Porén, un 93% das persoas enquisadas considera que o retorno de botellas, latas e brics a tenda debería aprobarse de forma inmediata ou canto antes, nun horizonte que algúns grupos parlamentarios xa situaron en xaneiro de 2023.
Nos próximos meses, o Lexislativo ten que aprobar a nova Lei de Residuos e o Real Decreto de Envases cun acordo amplo para cumprir, entre outros, cos obxectivos de reciclaxe e recollida selectiva da UE. A introdución dun Sistema de Depósito ambicioso, que permita retornar botellas de vidro, plástico, latas e brics a os comercios, conta, en pleno debate político, cun apoio masivo da opinión pública.