Vén de se publicar o número oito/nove da revista Cos Pés na Terra, unha revista dixital para a información, a reflexión e o debate sobre o medio ambiente e a sustentabilidade. Inclúe unha crónica da participación de Michael Löwy e Joaquim Sempere na XXVII Semana Galega de Filosofía e artigos verbo do decrecemento, o esgotamento dos recursos minerais a escala global, a loita labrega contra unha explotación mineira na Terra Chá, a condena das transnacionais galegas Calvo e Pescanova polo Tribunal Permanente dos Pobos, a conservación do lobo ibérico e a achega da enerxía eólica en Galiza á loita contra a mudanza climática. O editorial está dedicado á crise da biodiversidade. Os libros reseñados neste número son “Colapso” e “La historia cuenta. Del crecimiento económico al desarrollo humano sostenible”.
Related Posts

DENUNCIA
Entradas Facebook
This message is only visible to admins.
Problem displaying Facebook posts. Backup cache in use.
Click to show error
Problem displaying Facebook posts. Backup cache in use.
Click to show error
Error: The user must be an administrator, editor, or moderator of the page in order to impersonate it. If the page business requires Two Factor Authentication, the user also needs to enable Two Factor Authentication. Type: OAuthException

















