Despois da parada invernal, este sábado recuperamos as actividades de Educación ambiental no río Fonteliño (O Porriño).

Son actividades aptas para todas as idades orientadas á restauración ambiental do río e nas que seguiremos a metodoloxía habitual:
– breve explicación dos obxectivos da xornad
– distribución de bolsas, luvas e ferramentas;
– parte práctica.

Materiais:
É recomendable que os participantes leven calzado resistente porque nesta época hai zonas lamacentas. A organización levará luvas e as ferramentas necesarias.

Programación
Sábado 14 Febreiro – 11:00: plantación de árbores na beira do río
Sábado 21 Febreiro – 16:30: recollida do lixo acumulado polas últimas riadas
Sábado 28 Febreiro – 11:00: plantación de arbustos e plantas de ribeira

Punto de encontro
rúa leandro Diz, 5 (ao lado do paso inferior da liña do tren)

Máis info: vigo@verdegaia.org