consomes_ou_devoras.gifO vindeiro Sábado 5 de Abril,Verdegaia-Compostela celebra unha nova xornada de troco a partires das 11 da mañá na praza da igrexa da Rúa de San Pedro. A temática do troco será libre, é dicir, se poden achegar aqueles obxecto que estean en bo estado, pero que xa non son útiles, para buscarlles un novo dono/a, nun espazo de mercado non capitalista e e de consumo responsábel. Así mesmo, haberá unha sección específica adicada ao troco de obxectos infantís para idades de 0 a 6 anos. Esta nova edición do Mercadiño de Troco de Verdegaia, enmarcado dentro da campaña Consumes ou Devoras?, ven a afianzar unha actividade que se realiza con grande éxito nesta cidade.

O mercado de troco de Verdegaia comezará ás 11 da mañá na Praza da igrexa da rúa de San Pedro. Ata as 13 horas, acollerase o material: a xente pode traer un máixmo de 6 obxectos por persoa que quedaran en exposiciónr. Entre as 13:30 horas e as 14:30 horas, as persoas poderán decidir qué é o que máis lles interesa dos obxectos expostos e adquirilo. Para iso ponse en marcha un sistema de valess: Cada obxecto equivale a un Vale, que á súa vez se poderá trocar por outro obxecto.

O troco é un sistema de mercado no que se ten en conta o valor das cousas, non o seu prezo en moeda e que diminúe as diferenzas sociais á hora de consumir. Conleva unha reflexión previa sobre o que valoramos e o que non valoramos do que xa posuímos, diminúe a produción de residuos posto que aquilo que xa non é útil para unha persoa, si pode selo para outra. Diminúe o impacto do transporte posto que pode pasar dunhas mans a outras dentro da mesma cidade, neste senso tamén é un xeito de achegar ás persoas, creando sinerxias. Pon en cuestión o valor actual dos cartos e amosa un xeito á marxe do capitalismo para consumir.