Con algún atraso debido problemas técnicos, xa está colgado o número 4 da revista electrónica Cos Pés na Terra. Inclúe artigos sobre a contaminación atmosférica de fondo en Galicia, a declaración como Zona de Especial Protección das Aves da Limia, o impacto ambiental dos eucaliptais na nosa terra, o decrecemento, a corrupción urbanística e a insustentabilidade, os mariñeiros do Senegal que viven en Galicia logo de seren desprazados pola pesca industrial e o valor para a sustentabilidade dos saberes locais (co exemplo das albarradas, en Ecuador). O número complétase cunha entrevista a Álvaro García Ortiz, fiscal de medio ambiente de Galicia, un debate sobre o movemento ecoloxista galego e varias reseñas. A revista integra un blog do seu consello de redacción.
Related Posts

DENUNCIA
Entradas Facebook
3 días fai
Salmón vivo, Ulla vivo!
Pola suspensión inmediata do campionato de pesca de salmón no Ulla.
Veda total para a pesca do salmón. As entidades ecoloxistas pedimos a inclusión do salmón no catálogo de especies ameazadas.![]()
👉Concentración o sábado 9 de maio ás 12h. en Pontevea.![]()
🛑Asina para salvar o salmón da extinción
adega.helpbysc.com/alertasalmon
... Ver máisVer menos
3 días fai
Salmón vivo, Ulla vivo!Salmón vivo, Ulla vivo!