Xa se pode ler o número 6 de Cos Pés na Terra, revista electrónica de información, reflexión e debate sobre a sustentabilidade con periodicidade semestral.  A nova edición  ábrese cunha entrevista a Paula Casal, vicepresidenta do Proxecto Gran Simio. A crise e a resposta ecoloxista son o tema do editorial e de dous artigos. O inevitábel cenit do petróleo,  a falsa promesa da enerxía nuclear, cómo comunicar con eficacia a mudanza climática, a destrución das Gándaras de Budiño e as Ribeiras do Louro e o pensamento de Henry David Thoreau son os outros asuntos abordados neste número, que se completa con varias reseñas de libros e informes. O consello de redacción da revista tamén  mantén un blog.