A iniciativa de Verdegaia, Amigos da Terra e Greenpeace, vén de se constituír a Alianza Galega polo Clima, unha alianza aberta de organizacións sociais que nace co obxectivo de fortalecer a resposta social ao desafío da mudanza climática. A Alianza acha que Galicia é parte da crise climática global e que debe asumir a súa responsabilidade na redución das emisións de gases de efecto invernadoiro, apostando por unha economía baixa en carbono que sexa sustentable e xusta. Podes ler a declaración de principios e intencións no blog da Alianza Galega polo Clima.