O sábado 10 de Maio organizamos no río Fonteliño (O Porriño) unha xornada de educación ambiental enmarcada na SEI 2025 (Semana das Especies Invasoras), un evento que, ao longo dunha semana, aglutina centenas de actividades relacionadas coas especies exóticas invasoras que se celebran por toda a Península ibérica.

A xornada que organiza Verdegaia estará dividida en dúas partes. Na primeira avanzaremos na eliminación da cana e da crocosmia, e na segunda parte faremos unha análise dos macroinvertebrados presentes na auga, un bioindicador que nos informará sobre a calidade da auga.

Data: sábado, 10 de Maio

Hora: 11.00 – 13:00

Punto de encontro: rúa Leandro Diz, 5 (ao lado do paso inferior da liña do tren)

Máis información: 691 657 039