foto_museo_da_natureza.jpgVerdegaia expresa o seu respaldo á esixencia da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN)  e doutros colectivos cidadáns de facer efectiva a concesión da sede do Museo da Natureza na chamada "Casa do Coronel" en Canido. Ademais queremos esixir que os criterios para decidir os usos do solo ou dos inmobles non sexan a rendibilidade económica a curto prazo, favorecendo en exclusiva os intereses de empresas privadas e negando á cidadanía espacios públicos, de encontro e  de aprendizaxe 

  A postura do goberno municipal, e máis concretamente do Alcalde Vicente Irisarri, en relación a poñer en dúbida a concesión da Casa do Coronel como sede do Museo da Natureza pon de manifesto o seu descoñecemento e minusvaloración hacia o traballo realizado pola SGHN. A importancia dos fondos do museo e da biblioteca creados, a pesar das múltiples dificultades, queda patente polo número de visitas ao longo de todo o ano e polo recoñecemento público por parte de diferentes entidades, administracións e cidadanía en xeral; este feito contrasta co desinterese amosado polo goberno municipal empeñado en negar para o Museo o inmoble máis axeitado para as actividades que na actualidade desenvolve a SGHN.

É por isto que instamos a todos aqueles que queiran expresar o seu respaldo ao Museo da Natureza que acudan ao pleno que mañá xoves 25 ás 19:00h. no que se vai debatir este punto. Así mesmo esperamos que os diferentes grupos políticos non coincidan co grupo de goberno na súa intención de poñer en práctica políticas de "anormalidade", pechando museos mentres que noutras cidades é un orgullo e privilexio contar con este tipo de recursos.