• #MenosCarneMellorCarne
  • As explotacións gandeiras intensivas xeran graves riscos para a saúde pública, o medio ambiente, o mundo rural e o benestar animal.
  • Unha gran parte das emisións de gases de efecto invernadoiro proveñen do modelo agroindustrial gandeiro.
  • O benestar animal é unha esixencia moral cada vez maior na nosa sociedade, o compromiso co dereito dos animais a unhas condicións de vida dignas

Desde o Movemento Galego polo Clima, do que Verdegaia forma parte, participamos desta campaña promovida pola Coordinadora Estatal Stop Gandería Industrial porque consideramos que as evidencias dos impactos da gandería industrial son máis que suficientes para aprobar de forma urxente unha moratoria á instalación e ampliación de explotacións gandeiras intensivas co fin de establecer unha planificación racional acorde cos retos que como sociedade temos por diante.

Asina: Participa asinando a petición da Moratoria ás explotación gandeiras industriais.

1. As explotacións gandeiras intensivas xeran graves riscos para a saúde pública, o medio ambiente, o mundo rural e o benestar animal.

Por iso, desde a Coordinadora Estatal Stop Gandería Industrial impulsase esta petición ao Ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación e á Ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico para o establecemento dunha moratoria á instalación e ampliación de explotacións gandeiras intensivas.

2. A gandería industrial ameaza o dereito humano á auga

A gandería industrial está a contaminar as nosas fontes de auga, un ben imprescindible para a vida pero tamén necesario para a economía, especialmente rural, utilizándose de maneira racional. Cada vez máis lugares en España atópanse sen acceso á auga potable pola contaminación dos nitratos procedentes dos xurros deste modelo agroindustrial.

3. A crise climática non pode esperar

A emerxencia climática é un reto global no que o Estado español debe comprometerse con feitos, non só mediante discursos ou cambios de nome de ministerios. Unha gran parte das emisións de gases de efecto invernadoiro proveñen do modelo agroindustrial gandeiro, ás que hai que sumar as enormes emisións de amoníaco, polo que é urxente paralizar o incremento desmesurado deste sector que incrementou case un 25% a cabana porcina no últimos sete anos.

4. A saúde pública debe ser a prioridade

A saúde pública en tempos de COVID-19 é outro elemento para ter en conta, e non só polo seu factor determinante amplamente contrastado como orixe de zoonoses e, por tanto, posibles futuras pandemias, senón tamén pola proliferación de bacterias multirresistentes orixinadas neste tipo de explotacións, que fan perder eficacia aos antibióticos, a contaminación aérea para a poboación rural e problemas derivados do consumo destes produtos. A propia OMS declarou os produtos cárnicos procesados como canceríxenos e a carne vermella como probablemente canceríxena.

5. O benestar animal é unha esixencia moral na nosa sociedade

O benestar animal é unha esixencia moral cada vez maior na nosa sociedade. O compromiso co dereito dos animais a unhas condicións de vida dignas móstrase patente en recentes logros apoiados masivamente na Unión Europea, con 1,4 millóns de sinaturas contra as gaiolas para a cría de animais, sendo máis de 85.000 delas recollidas en España. O modelo gandeiro industrial non reflicte en absoluto o que desexa a sociedade, é necesaria unha reflexión que pasa por deixar de aumentar o número de animais con estas condicións de vida.