mapa4.jpg

Estas sinaturas posiciónanse en contra da realización do proxecto vial arredor deste monte, e en apoio do Proxecto Alternativo para o aproveitamento sostíbel de Monteferro. Verdegaia, membro activo da Plataforma, organiza unha marcha ciclista Vigo-Nigrán en apoio do acto.

Ante as graves agresións xa sufridas no entorno natural de Monteferro (único paraxe costeiro con espacio aínda sen urbanizar na banda sur da Ría de Vigo, dende Redondela a Nigrán), e fronte as accións anunciadas e propostas no proxecto de obras presentado polo Concello de Nigrán e a Deputación, ca conivencia da Comunidade de montes de Panxón, un grupo de persoas sensibilizadas co problema, particulares e membros de distintas Asociacións de Vigo e Val Miñor, tiveron o pasado día 12 de Xaneiro o primeiro encontro para unificar futuras actuacións na defensa dun dos últimos reductos verdes da nosa ría, e para amosar a nosa total repulsa ante os feitos acaecidos, e a nosa decidida oposición a deforestación e urbanización de Monteferro.

Entre outras iniciativas desenvolvidas, este sábado 13 de maio faise entrega no Concello de Nigrán (partidario da desfeita) das máis de 9000 sinaturas recollidas pedindo a retirada do proxecto actual de mellora do vial, a paralización da corta inxustificada da masa forestal protexida, así como a realización dun estudio alternativo menos agresivo e máis respectuoso.

Verdegaia organiza ese mismo sábado unha marcha en bicicleta Vigo-Nigrán en apoio do acto de entrega das sinaturas e o proxecto alternativo no Concello. A marcha sairá da Praza da Independencia ás 10:30 para chegar a Nigrán sobre as 12:00, onde se unirán ao antedito acto. Tras isto, seguirase cara Monteferro, onde haberá un xantar-festa ao aire libre, polo que se recomenda traer a comida.

Máis información