O próximo domingo 14 de outubro, Galiza Non Se Vende, có apoio de Verdegaia, convoca unha mobilización con saída as 12 dende a Alameda de Compostela na que se celebrará un xuízo popular aos responsables do abandono e destrución da nosa terra e do noso mar, do noso patrimonio cultural e dos nosos recursos.– Perda da soberanía alimentar (abandono do sector primario, mar, rural..)
– Desastrosa xestión de residuos e contaminación
– Minería salvaxe e sobreexplotación dos recursos (ríos, montes, vento…)
– Desprotección da biodiversidade
– Esfarelamento do territorio (infraestruturas, especulación..)
– Abandono do patrimonio cultural



















