Cousa de Raíces convoca, un ano máis, unha acción simultánea baixo o lema “Mirando polos nosos montes” na que se desenvolverán, ao longo do sábado 24 e domingo 25 de febreiro, xornadas de eliminación de invasoras e plantación de autóctonas por todo o país. Estas xornadas están convocadas por diferentes colectivos, organizacións e comunidades de montes veciñais que traballan a prol da restauración ambiental dos nosos montes.
24 de febreiro:
- Friol: plantación de autóctonas
- Rebordelo (Cerdedo-Cotobade): deseucaliptización
25 de febreiro:
- Coiro (Cangas): eliminación de tradescantia
- Froxán (Lousame): plantación de autóctonas
- Rialdarca (Moaña): desacaciación e plantaciuón de autóctonas
