Mañá, Xoves 6 de Novembro ás 19:30 horas, celébrase na Universidade de Santiago de Compostela un debate sobre as propostas dos movementos sociais de América Latina e Europa ante a crise financieira e económica global.

Dous días despois da elección de Barack Obama como novo presidente dos EEUU, no medio da maior crise financeira e económica global provocada pola economía dese país, abordaremos desde o punto de vista dos movementos sociais comprometidos coa solidariedade internacional a crise financeira e económica global, relacionada coas crises alimentaria, enerxética e climática.

Data: Xoves, 6 de Novembro
Hora: 19:30 h.
Lugar: Facultade de Historia e Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Praza da Universidade, 1

Título: Crisis económica global: unha oportunidade histórica de transformación.
Impactos da crisis financieira, políticas de Libre Comercio e alternativas en América Latina e Europa.

Mesa redonda con:

Graciela Rodríguez (Brasil), Coordenadora Global da IGTN – Rede Internacional de Xénero e Comercio, Membro da Coordenación de REBRIP – Rede Brasileira pola Integración dos Pobos, e da Alianza Social Continental;
– Isabel Vilalba (Sindicato Labrego Galego – Marcha Mundial das Mulleres), participou recentemente na V Conferencia Internacional da Vía Campesina;
– Fernanda Couñago Otero, Directora de Amarante;
– Tom Kucharz, Verdegaia – Campaña ¿Quen debe a quen?, e Rede bi-rexional "Enlazando Alternativas"
Modera: Rosa Verdugo, profesora de Estructura Económica da USC, e membro de Paz con Dignidad

Organiza: Altermundo, Amarante, Paz con Dignidad, Sindicato Labrego Galego, Verdegaia, Veterinarios sen Fronteiras.

-> O venres, ás 10:30 horas da mañá, entrevistarémonos cos grupos parlamentarios do Parlamento galego para trasladar o debate ao ámbito dos partidos políticos, e ás 12:00 horas está convocada unha rolda de prensa no Club Internacional de Prensa.

Para máis información e concertar entrevistas con Graciela Rodríguez (de Brasil): 619 94 90 53 / 610 89 74 18 / 660 23 34 81

http://www.quiendebeaquien.org/spip.php?article1075