Un dos obxectivos á hora de decidir facer este caderno de actividades, ademais de render contas coa base social, foi facer isto máis accesíbel que os típicos informes de asembleia anual. A intención é poder elaborar unha memoria similar por cada semestre e poñela a disposición, non só das nosas asociadas, senón tamén de todas aquelas persoas que consultades a nosa páxina web.

Gustariamos moito de que a súa lectura servise de estímulo para valorar aquelas actividades das que participachedes e/ou atopar outras nas que facelo no futuro. En Verdegaia sempre nos sorprendemos da cantidade de cousas que facemos ao longo do ano en relación ás nosas posibilidades, pero é certo que tamén é un desexo permanente o de conseguir que máis xente dea o paso a participar activamente da vida da asociación. Todas as mans serán benvidas para a defensa da natureza e non será por motivos para actuar!!

Unha aperta colectiva desde Verdegaia!

Para consultar a memoria de actividades de Verdegaia nos primeiros meses do ano 2019, preme na seguinte ligazón:

https://online.fliphtml5.com/pkkry/evor/