Nas últimas semanas membros de Verdegaia levaron a cabo dúas limpezas na carballeira que rodea á Torre da Pena no concello ourensán de Xinzo da Limia. Retiráronse en total once bolsas de lixo de natureza diversa que estaba a afectar a este valioso ecosistema forestal limiao. A existencia dun aparcadoiro próximo e a afluencia de persoas que van xantar á torre e deixan envases e demais residuos no lugar son as principais causas de contaminación desta carballeira onde habitan especies tan escasas en Galicia como a pomba zura (Columba oenas). En datas futuras, Verdegaia solicitará ó concello de Xinzo que instale paneis informativos para disuadir ás persoas de tirar lixo neste ecosistema forestal.
Related Posts
DENUNCIA
Entradas Facebook
2 días fai
Por un novo modelo enerxético, non ao espolio da nosa terra. Non permitamos a retramitación dos proxectos paralizados pola xustiza.Mobilizacións o domingo 26 de xaneiro, consulta horarios e localidades.Coordinadora #EólicaAsíNon
... Ver máisVer menos