As especies exóticas invasoras son a segunda causa de perda de biodiversidade no planeta. A súa aparición nos nosos ecosistemas moitas veces pasa desapercibida para a maior parte da poboación, pese a supoñer un gravísimo problema medio-ambiental. Na tertulia deste mes falaremos un pouco delas, coñeceremos ás máis perigosas e abondosas e veremos algunha experiencia que se está a levar a cabo no noso país para o seu control. Non faltedes!
Lembra que a tertulia das especies invasoras é este martes, no local da Escola Popular Galega Vigo (Rua Real 12), ás 20:30.