- Verdegaia apoia a campaña do Sáhara Ocidental ante a COP27, o branqueamento da imaxe de Marrocos e o expolio dos recursos naturais do Sáhara Occidental.
Marrocos está usando as Conferencias de Cambio Climático das Nacións Unidas para pintar a ocupación do Sáhara de verde, incluíndo nas súas NDCs (medidas climáticas) proxectos dentro do Sahara Occidental ocupado.
Estes proxectos non son consentidos pola poboación sahariana, úsanse para sustentar e optimizar o roubo de recursos naturais (areas, fosfatos, agricultura e pesca) e mostrar apoios privados á falsa “marroquinidade” do Sáhara.
A enerxía extraída supón en si un recurso, que previsibelmente será empregado para a exportación a Europa, quen planea a súa neutralidade de carbono para o 2050 e mostra plans que inclúen países norteafricanos, entre los que está Marrocos, como subministradores de enerxía.
Como consecuencia desta ocupación o pobo sahariano viven nos territorios ocupados baixo un rexime colonial que viola o seus dereitos humanos, en campamentos de refuxiados en condicións climáticas extremas, mentres son excluídos das Conferencias de Cambio Climático das Nacións Unidas, e son dependentes da axuda humanitaria. Tamén se encontran na diáspora a millares de quilómetros do seu país.
#COP27WesternSahara
Podes seguir a campaña e sumarte ao manifesto en https://www.westernsaharaisnotforsale.org/

