O Domingo 13 de xuño a Plataforma Casalonga Limpa de Residuos de Teo, organiza unha mobilización con varias actividades que partirá en Manifestación desde a Alameda de Compostela ás 12h. para rematar ás 13h. na Praza da Quintana.
A Plataforma leva loitando desde o ano 2018 para que a empresa Toysal non reconverta unha canteira sen actividade nun vertedoiro de residuos perto de zonas habitadas. Nestes anos de loita levan sofrendo as mentiras da empresa apoiada polo Partido Popular, tanto local como nacional. O Concello de Teo apoia as propostas da Plataforma que non quere que a veciñanza se encontre cun vertedeiro de residuos industriais, e de outro tipo, que afecten as persoas polo ruído, tráfico e varios tipos de contaminación: acústica, odorífera e principalmente os gases e lixiviados contaminantes das aguas.
A Plataforma conta coa experiencia doutras instalacións deste tipo na comarca, como a de Miramontes en Compostela con anos de mobilizacións viciñais, para coñecer de primeira man como funcionan este tipo de empresas de “valorización” de residuos que acaban coa saúde das persoas e do ambiente e que non queren permitir que se instale no seu entorno.
Verdegaia apoia a manifestación e chama a mobilizarse o domingo 13 coa Plataforma.
A organización propón actividades variadas:
- Realizar o camiño portugués a pé desde Casalonga (Teo) con saída ás 8h.
- En Autobús desde o restaurante Cierto Blanco en Ameneiro (Teo) con saída ás 11h.
- Participar na Manifestación que sairá ás 12h. desde a Alameda en Compostela para rematar ás 13h. na Praza da Quintana.