Por cuarto ano consecutivo, o Burla Verde volverá ser un espazo para encontrarnos, compartir experiencias, aprender, celebrar e seguir tecendo redes entre persoas e colectivos que saben que a defensa da terra é tamén a defensa da vida.

Mazaricos é moito máis ca un lugar no mapa. É un símbolo.

Fronte ás minas, ás macroplantas de biogás, á eólica mariña, aos encoros e ás centrais reversibles que ameazan a terra e a auga, volvemos xuntarnos para lembrar que o territorio non é unha mercancía.

Nun tempo no que os proxectos especulativos avanzan sobre o país, a defensa da terra segue a ser unha necesidade e tamén unha responsabilidade colectiva. A provincia da Coruña coñece ben esa realidade: o intento de reapertura da mina de Touro, as macroplantas de biogás como a da Laracha, a ameaza da eólica mariña sobre os ecosistemas e os modos de vida do mar, ou a presión constante sobre montes, augas e paisaxes convertidas en mero negocio.

Porque o que está en xogo non son só espazos naturais.

  • Está en xogo a auga
  • Está en xogo a biodiversidade.
  • Está en xogo o patrimonio.
  • Está en xogo o futuro do rural e do mar.
  • Está en xogo o dereito dos pobos a decidir sobre o seu territorio.

Fronte á cobiza, comunidadeFronte ao espolio, organización

Fronte á resignación, esperanza

Porque non hai transición que xustifique novos sacrificios.

Porque o país non se vende.

Porque a terra non se rende.

Santiago de Arcos – Mazaricos

5 e 6 de setembro

IV Encontro Burla Verde Pola defensa da terra.

#IVBurlaVerde #Mazaricos #PolaDefensaDaTerra