Dentro do evento ‘A gran semana’, un conxunto de actividades de ciencia cidadá que se realiza en toda a Península do 16 ao 25 de maio, Verdegaia organiza un inventario de flora nas ribeiras do río Fonteliño e do río Louro (O Porriño).

O obxectivo será fotografar o maior número de especies para posteriormente subir as fotos á plataforma de recepción de datos, na que serán analizadas por expertos.

Levamos dende outubro de 2023 eliminando flora exótica, agora chegou o momento de verificar os efectos das labores realizadas.

Bótanos unha man a inventariar a flora autóctona!

  • Data: sábado 24 de maio
  • Horario: 11:00 a 13:00
  • Punto de encontro: rúa Leandro Diz, 5 (Porriño)