informe_banderas_negras_2009.jpgA confederación estatal Ecologistas en Acción vén de presentar o Informe de Bandeiras Negras de todo o litoral español do ano 2009: "La crisis, una oportunidad para la costa". Verdegaia encargouse de facer a parte correspondente a Galicia. Este ano temos que lamentar o mantemento de todas as bandeiras negras do ano pasado e engadir moitas máis. Ademais de salientar a existencia de numerosos puntos negros.

A situación agrávase sobre todo polo Plan de Portos Naútico-Deportivos, unha absoluta barbaridade esnaquizadora de todo o litoral galego. Moitos destes portos sitúanse sobre bancos marisqueiros e afectan ás correntes, o que fará desaparecer múltiples praias.

Ao mesmo tempo, hai moitas bandeiras negras pola rexeneración de multitude de praias que non se rexeneran de xeito natural, precisamente pola presenza de instalacións que afectan ás correntes mariñas. Tamén temos que destacar o parque eólico da Serra da Groba, que ocupará un espazo protexido, ademais de afectar gravemente a paisaxe da zona. Facilitámosvos o informe en partes, dado que o documento completo pesa moito.

Nesta ocasión, propoñémosvos tamén unha viaxe músico-visual, polo que o informe vai acompañado de imaxes para situarse, dun mapa feito co programa Google Earth con todos os portos deportivos (*1) e dunha proposta musical para todo o informe e para partes específicas (*2). Agardamos que vos interese tanto coma a nós ver o que queren facer co litoral galego e que nos acompañedes na colocación dunha enorme bandeira negra o día 8 de agosto en Cangas do Morrazo (en breve darémosvos información máis concreta sobre o que se vai facer).

PORQUE ONDE VIVIMOS A NÓS SI NOS IMPORTA

01._agradecementos_introducin_e_listaxe_de_cancins

canhonazo

antidisturbios

02._ribadeo_e_barreiros

03._foz

04._burela_e_cervo

05._xove_viveiro_e_espasante

06._ortigueira_cario_cedeira_e_valdivio

07._ra_de_ferrol_fene_e_mugardos

08._ra_de_ares_pontedeume_perbes_e_mio

09._paderne_sada_oleiros_e_ra_da_corua

10._carballo_malpica_ponteceso_e_camarias

11._muxa_cee_e_corcubin

12._fisterra_carnota_e_muros

13._outes_porto_do_son_ribeira_e_pobra_do_caramial

14._boiro_e_rianxo

15._vilagarca_de_arousa_vilanova_de_arousa_illa_de_arousa_e_cambados

16._o_grove_sanxenxo_portonovo_poio_e_pontevedra

17._marn_e_o_morrazo_bueu_e_cangas

18._moaa_vilaboa_e_redondela

19._vigo_baiona_oia_o_rosal_e_a_guarda 

 

mapabanderas_2009_copia_definitiva.jpg

 

 *1 Non podemos pendurar ese mapa nesta nova, pero quen o queira (moi recomendable), que o pida escribindo a mariaogandogonzalez@gmail.com e enviarémosllo en canto poidamos.*2 Non podemos pendurar todas as cancións, pero tedes a listaxe na introdución e as cancións que non teñades, podedes pedírnolas tamén ao correo mariaogandogonzalez@gmail.com e enviarémosvolas en canto poidamos.

 

Máis información:

Banderas negras 2009: La crisis como oportunidad