Verdegaia vén de editar un díptico informativo sobre o proxecto de planta de gas para Ribeira. Co díptico, que será divulgado esta semana entre as diversas asociacións do concello e nos lugares de encontro da localidade, así como enviado aos distintos grupos políticos, a nosa intención é aportar á poboación a maior cantidade posible de datos obxectivos acerca do mencionado proxecto, así como a proposta da nosa asociación respecto da maneira máis axeitada de prover de gas á zona.

Os datos contidos no mencionado folleto proceden dos proxectos (gasoduto e planta de gas) presentados por Gas Galicia para a súa aprobación, dos documentos levados ao pleno de finais de xuño, e do traballo de documentación en relación coas plantas de gas en xeral levado a cabo polo equipo de Verdegaia, traballo para o que contamos co asesoramento de especialistas da Universidade da Coruña. Nel analízanse tamén as vantaxes e inconvenientes da planta de gas.

pdf diptico_planta_gas_ribeira