A Consellaría de Industria vén de se publicar, o 13 de agosto, a autorización administrativa previa da planta satélite de gas natural licuado (GNL) de Ribeira, á que a asociación ecoloxista Verdegaia presentara alegacións no ano 2008 en relación ás deficiencias de seguranza detectadas no proxecto, aos riscos de transporte do gas por estrada, á baixa sustentabilidade ambiental deste sistema e á súa ubicación nun monte veciñal con alto valor etnográfico.
Industria dá resposta nesta resolución aos argumentos que achegara Verdegaia, indicando que "a dita instalación ten que cumprir co decreto 133/2008 , do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental (epígrafe 1.13.2. Parques de almacenamento de combustibles líquidos), cuxa tramitación é competencia do concello de Ribeira".
Verdegaia quere precisar que este procedemento require do ditame final da consellaría do ambiente e é preceptivo para a obtención da licenza de actividade da planta regaseificadora.