IMPIDAMOS A CONSOLIDACIÓN DE ENCE-ELNOSA EN LOURIZÁN!
SÁBADO 23 DE NOVEMBRO ÁS 19,30 HORAS MANIFESTACIÓN


Non demorou moito o PP en deixar clara a súa posición a respecto do complexo industrial de Lourizán. O Conselleiro de Medio Ambiente ven de asinar un acordo cos directivos de ELNOSA que permite a súa permanencia na Ría até 2017 e deixa sen efecto a data de caducidade fixada na AAI para 7 de xaneiro de 2014. A fábrica de cloro poderá seguir vertendo mercurio sobre os CARTAZ ENCE 1 2bancos marisqueiros da Ría mais tres anos! Pero, ademais, todo fai pensar que esta prorroga á fábrica de cloro non é mais do que o primeiro paso para decretar a súa consolidación definitiva en Lourizán; de non impedilo o PP aplicará no seu dia a nova Lei de Costas e concederá a ELNOSA e a ENCE unha prorroga de até 75 anos que impediría definitivamente o saneamento e recuperación da nosa Ría para a explotación da pesca de baixura e o marisqueo. Daquela, o dano à calidade de vida e à economía da comarca, e a perda dos postos de traballo da Ría será irreversíbel. Desde a PLATAFORMA 2018, que nace na Ría de Pontevedra co obxectivo de impedir que ENCE e ELNOSA podan seguir en Lourizán para alá do 2018 e que neste momento inclúe un total de 32 colectivos sociais, achamos absolutamente necesario impedir decisións da administración que –como a que hoxe nos ocupa- ignoran os dereitos da maioría social e impiden o desenvolvemento racional da economía e a creación de emprego. Neste sentido, chamamos ao conxunto da cidadanía a manifestar a súa oposición a calquera medida que levar á consolidación de ENCE-ELNOSA na Ría asistindo á primeira acción de resposta da Plataforma fronte á imposición caciquil da Xunta da Galiza.



ADEGA, A.C. Almuinha, Amarante, A.C. Amig@s da Cultura, ANOVA-Marín, ANOVA-Pontevedra, APDR, A.C. A Revira, A.C. En Pé, Asociación Cultural para o debate Ricardo Gómez Buceta, BNG, A.C. Canón de Pau, Causa Galiza, Colectivo Nacionalista de Marín, Equo, Espazo Ecosocialista, Fed. Castelao, FEG, Fundación Alexandre Bóveda, Galiza Nova, Isca!, Nós-UP, OGCMMC, Partido da Terra, Pavís- Pavós, Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, PsdeG-PSOE, Queremos Galego-Marín, Vaipolorio, Verbo Xido, Verdegaia e 15-M.