
A saída foi dende Balaídos, e os lugares onde había parar foron Tráfico (Rúa Regueiro), Árbore, Coperativa de consumo (Rúa Arquitecto Perez Vellas) e Concello (Praza do Rei). O itinerario entre os puntos foi de libre elección e os medios utilizados foron 6: bici, coche, moto, taxi, bus, e a pé.
A condición de base para todos os medios foi o respecto da normativa de tráfico vixente e facer a simulación de entrar nas dependencias (o cal implica aparcar o automóbil/moto, deixar un taxi e buscar outro, enlazar distintas liñas de buses, candar a bici, étc).
O acto simbólico -enmarcado na Semana Europea da Mobilidade 16-22 de Setembro- pretende reabrir o debate sobre a mobilidade urbana (caótica) actual, baseada fundamentalmente no veículo privado, especialmente na cidade de Vigo.
O resultado da comparativa de medios celebrada onte en Vigo, indicou que a bicicleta é o medio máis rápido, sustentable, cómodo e económico para movernos pola cidade en comparación ao resto dos medios de transporte analizados.
Como nas convocatorias anteriores, a bicicleta, nun escenario hostil como é Vigo totalmente carente de infraestructura para a bici , revelouse como a mellor forma de moverse pola cidade, atendendo a criterios de sustentabilidade, tempo e economía. Sen embargo, perante esta febre de “humanizadora” de rúas, hai inversión pública para reducir o tráfego de automóviles e dotar á cidade dunha boa rede de carrís-bici en Vigo? NON.
Atendendo a criterios de tempo, na comparativa de medios de transporte, despois da Bicicleta chegou ao destino en 2ª posición) Moto, 3ª ) Taxi, 4ª) Bus, 5ª) Peón, 6ª) Coche.
A moto gañou en tempo, ao taxi, ao bus e ao peón, pero perdeu en cuestión de sustentabilidade (emisións de CO2), de ruidos e de cartos (gasolina e compra/mantemento da moto).
O taxi manifestouse como un medio relativamente rápido (dependendo de tráfego e das obras) pero moi custoso para moverse pola cidade (9,48 euros nun percorrido de 4,2 Km), ademáis do negativo das emisións de CO2, dos ruidos e da ocupación espacial.
O bus tivo conexións limitadas pero revelouse como un medio colectivo social, económico coa tarxeta vitrasa (0,60 euros) -non así sen tarxeta (1,13euros)- e máis sustentable que o veículo privado (inda que non deixa de moverse con petróleo). Os contras: a baixa frecuencia entre algunhas liñas “menos céntricas”, a falta de intermodalidade e a impuntualidade provocada polos atascos dos coches.
O peón quedou de penúltimo pero gañou en cuestión de sustentabilidade (cero emisións de CO2), de ruidos (cero ruidos), de saúde, de autonomía, de accesibilidade aos distintos lugares e de cartos (custo cero).
O coche, tan laureado e considerado popularmente o medio máis rápido, quedou de último e dobrou o tempo da bici, contaminou máis que ningún outro, emitiu ruidos, perdeu tempo en atascos, ocupou un prezado espacio nas rúas e tivo que desembolsar unha boa tallada para pagar o parking privado por falta de espacio na vía pública ocupada por miles de coches aparcados. Esto supuso, ademáis do custe da desesperación e o estrés, un custe económico importante de gasolina, de tickets zona azul e parking, ademáis da compra e mantenemento do coche (seguros, revisións, etc).
Conclusión:
As actuais políticas de inversión en infraestruturas, obsesionadas con dotar de facilidades ao automóbil privado (parkings, estradas, autoestradas, desdobramentos, etc) revélanse insustentables, obsoletas nun contexto de esgotamento do petróleo, custosísimas para o Erario Público, e insanas.