Despois dun ano onde non parou a loita… comeza a conta atrás para o Encontro Burla Verde. Un momento de partilla e convivio, de festa e reivindicación, contra o espolio e pola defensa da terra. Este ano o encontro trasládase á serra do Courel, onde desde fai un tempo a súa xente está a cocer unha xornada ben linda e solidaria, de descobrimento, debate, artística, colaborativa, musical e guerrilleira. Axendade o 14-15 de xuño no Courel.
Burla verde é un encontro autoorganizado e autofinanciado, no que as persoas participantes nas charlas, concertos e demais actividades non levan lucro económico. Todo o recadado repártese entre distintas colectivas en loita pola defensa do territorio. Por iso, nos puntos de venda tamén haberá rifas solidarias para poder facer aportacións en caso de querer colaborar co evento aínda que non poidades vir ao Courel o día 15. Entre todas as participantes sortearase unha cesta con produtos locais da Serra do Courel.
Este territorio fai parte da Rede Natura, e por este motivo non se conta cun espazo de acampada gratuíta. Queres aloxarte? A zona dispón de varios tipos de aloxamentos: acampamento, hostais, casas rurais:
Se tes algún tipo de necesidade no que respecta ao acceso e á mobilidade, ou outra diversidade podes contactar con: encontroburlaverde@gmail.com
Brigadas Deseucaliptizadoras
As #BrigadasDeseucaliptizadoras tamén participamos neste fin de semana de encontro no Courel.
Programa
Completo programa de actividades, música e convivio en Esperante.