Nesta vindeira actividade de 12 meses, 12 saberes imos realizar un roteiro nocturno para gozar da fauna que desenvolve a súa actividade unha vez que se pon o sol.
Deste xeito, realizaremos unha saída interpretativa onde tentaremos coñecer as principais especies faunísticas nocturnas que se poden observar no Concello de Vigo. Afondaremos nas súas adaptacións á vida nocturna e no importante papel que xogan no ecosistema e reflexionaremos sobre a importancia da súa conservación en particular e dos ecosistemas nos que habitan en xeral.
É importante levar lanterna e roupa cómoda para camiñar con algunha prenda de abrigo.
Data: sábado 12 de xullo, de 21:30 a 23:30
Punto de encontro: a concretar, no treito baixo do río Lagares (Vigo)
Dificultade: baixa, 3,5 quilómetros sen pendentes
Inscrición: gratuíta pero obrigatoria en info@verdegaia.org, indicando un número de teléfono, o nome de cada persoa, e especificando se algunha é menor de 14 anos




















