O pasado Sábado 24 de Marzo, Verdegaia celebrou en Ourense a súa I Asemblea Xeral. Nela, ademais dos informes de organización, de actividades e económico, aprobouse un documento sobre a acción en rede con outras organizacións, os planos de traballo e comunicación 2007 e os orzamentos da asociación.
Esta I Asemblea Xeral de Verdegaia serviu, ademais, para aprobar o Plano Estratéxico 2007-2010 e escoller un novo Vicecoordenador Xeral (Diego Rodríguez Vieites) así como unha nova responsábel da Área de Educación Ambiental (Nuria López Alonso).