No día dos reis magos, aqueles que viaxaron para atoparse con nacido Xesús, hoxe non o poderían facer. O que nin sequera está no imaxinario colectivo aínda menos se pode cuestionar. E inda máis a xente nativa de Belén vive baixo a ocupación salvaxe, o apartheid e o xenocidio lento que o Sionismo exerce sobre todo o pobo palestino.

Por todo isto, Palestina.gal, da que forma parte Verdegaia, realizou unha acción diante da Colexiata en Vigo na que se pretendía sensibilizar deste xenocidio esquecido por todo ese mundo occidental que se di baluarte dos dereitos humanos, mentres un dos seus socios non deixa de incumprilos.

Seguen demolendo casas das palestinianas, atacan poboados, cortan oliveiras, amedrentan crianzas no camiño a escola, atacan o seu sitio máis sagrado, asasinan os que protestan ou os que se defenden dos seus ataques continuos. A pesar de todo isto o pobo palestino levántase, baila, enamórase e segue resistindo a ocupación.

Neste día de Reis no noso Occidente, só temos un desexo: PALESTINA CEIBE!