domingo 12 de xuño faremos a última das rogas para eliminar os eucaliptos da Área Conservada do Portelo da Devesa, que custodia Montescola en Froxán (Lousame). Con esta intervención acabaremos de eliminar eucaliptos da zona de 6.000 metros cuadrados nas que as Brigadas veñen intervindo desde 2020.

A roga comezará ás 09:30 da mañá e teremos como punto de encontro o Chán de Avelán (tamén coñecido como “As Minas de San Fins”, ver no Google Maps como chegar). O traballo consistirá no apeo dos últimos eucaliptos en pé e a eliminación dos rebrotes existentes.

Para participar é imprescindíbel, alén de estardes inscritas como Brigadistasenviar un correo electrónico a info@montescola.org ata COMO MOI TARDE o xoves día 9 de xuño.

As prazas son limitadas e inscribirémosvos por orde. Por favor, inscríbite só se podes vir. Se aínda non tes a túa camisola de brigadista, lembra de avisarnos da túa talla no email para que che teñamos unha reservada. Avísanos tamén en caso de restricións alimentarias.

Moeda social “A Sabia” para as brigadistas participantes

Verdegaia colabora coa moeda social A Sabia na procura de crear sinerxías entre persoas e redes sociais, comunitarias, solidarias e ambientais fomentando o consumo de proximidade baseado na confianza e o apoio mutuo, e procura favorecer o pequeno comercio e o autoemprego.

A Sabia ofrece, ás e aos Brigadistas que o desexen, unha cantidade en moeda social que poderán recibir na súa conta cada vez que participen nunha brigada como a desta convocatoria.

Para poder recibir a moeda hai que abrir unha conta na aplicación Cyclos: e enviar un email a compostela@verdegaia.org ou un correo á conta de cyclos de Verdegaia informando do seu interese en recibir a moeda.

Colabora co Teaming

Lembramos que tamén se pode colaborar coas Brigadas con 1€/mes a través da Plataforma Teaming das Brigadas.

VÉMONOS NO MONTE!