SÁBADO 21 de AGOSTO as Brigadas voltan á Área Conservada pola Comunidade de Froxán (Lousame) para avanzar nunha nova frente tombando e descascando eucaliptos ao pé do regueiro da Costa. No final faremos foto de familia e pedímosvos que, se as tedes, traiades as vosas camisolas brigadistas. Se aínda non tes a túa, avisade da talla con antelación (xa non quedan “S”).

Na roga traballaremos nunha zona ampla gardando as distancias persoais. A roga comezará ás 9:30 da mañá para evitar as horas de calor. Avisaremos sobre os detalles loxísticos e punto de encontro uns días antes.

Para participar é imprescindíbel, alén de estardes inscritas como Brigadistasenviar un correo electrónico a info@montescola.org ata COMO MOI TARDE o día 18 de agosto. As prazas son limitadas e inscribirémosvos por orde. Por favor, inscríbite só se podes vir. Avísanos en caso de restricións alimentarias.

Moeda social “A Sabia” para as brigadistas participantes

Verdegaia colabora coa moeda social A Sabia na procura de crear sinerxías entre persoas e redes sociais, comunitarias, solidarias e ambientais fomentando o consumo de proximidade baseado na confianza e o apoio mutuo, e procura favorecer o pequeno comercio e o autoemprego.

A Sabia ofrece, ás e aos Brigadistas que o desexen, unha cantidade en moeda social que poderán recibir na súa conta cada vez que participen nunha brigada como a desta convocatoria.

Para poder recibir a moeda hai que abrir unha conta na aplicación Cyclos: e enviar un email a compostela@verdegaia.org ou un correo á conta de cyclos de Verdegaia informando do seu interese en recibir a moeda.

VÉMONOS NO MONTE!