vilan_biciVerdegaia organiza un novo fin de semana en bicicleta para os días 8 e 9 de xullo no que percorreremos unha das zonas máis espectaculares do litoral galego,entre Laxe e Cabo Touriñán, lamentábelmente ameazada por un malentendido desenvolvemento que hipoteca os seus potenciais.

Ao longo dos dous días teremos oportunidade de coñecer a Serra de Peña Forcada, a enseada da Praia do Trece, entre Cabo Veo e Cabo Tosto, cuxas dunas conforman un dos máis espectaculares complexos xeomorfolóxicos da costa occidental europea, cunha duna remontante de máis de 100 metros de altura, e poderemos bañarnos nas praias de Reira, Beira ou Pedrosa. Tamén nos achegaremos ao Faro de Cabo Vilán e Touriñán e veremos exemplos dos conflitos que xeran o urbanismo irresponsábel ea instalación de industrias en lugares pouco axeitados.

 

O Roteiro: (preme nas imaxes para velas ampliadas)

 

Sábado 8

thumb_detrabaacamarias2.jpgSaída do camping Praia de Leis cara a Ponte do Porto e Camariñas (asfalto) onde colleremos a estrada que vai ao Faro de Cabo Vilán. Xa por pista de terra percorreremos a costa ate Camelle onde tomaremos de novo a estrada para voltar a Ponte do Porto e finalmente ao Camping. Total – 50 Km

 

Domingo 9

thumb_camariascaboviln.jpg

 

Saída dende o Camping ate Muxía e o Santuario da Virxe da Barca. Seguiremos pola costa ate chegar ao faro de cabo Touriñán, voltando de novo ao Camping. Total-47 Km

 

 
 A durmida farase no Camping Praia de Leis ou Praia do Lago (por definir), entre Muxía e Ponte do Porto. (3 € persoa e 3 € tenda).

Cómpre anotarse premendo aquí  e indicando o nome, nº de persoas e lugar de procedencia, teléfono e correo-e de contacto ou chamando ao 675 680 477