Lembrarvos ós e ás que colaborades coa campaña de Verdegaia “Atropelos, non grazas!” que o vindeiro 5 de xuño remata a recollida de datos de fauna atropelada nas estradas galegas despois de tres anos de recollida de información.
Moitas grazas a tod@s @s que participaron nesta campaña a prol de minimizar esta sangría ambiental.
Para @s que non colaboraron e queren saber máis, tedes toda a info nesta ligazón da nosa web.