O vindeiro sábado 14 de xuño teremos a última xornada de restauración no río Fonteliño (O Porriño) deste curso.

Nas últimas xornadas temos avanzado bastante conseguindo que:

  • a Tintureira e a Crocosmia sexan cousa do pasado
  • a Orella de gato ocupe cada vez menos superficie

E todo isto reflectiuse no último inventario que realizamos, no que identificamos 24 especies autóctonas nunha área onde hai 18 meses só había Cana e Orella de gato!

Como agradecemento a todas as persoas voluntarias, que ao longo destes meses demostraron que a autoorganización consigue moito máis que as promesas de administracións obsoletas, ao rematar a xornada realizaremos a entrega de premios do Concurso fotográfico 2025 e merenda-convivio.

Anímate e ven pasar un par de horas na Natureza mentres colaboras a protexela!

Data: Sábado 14 de xuño

Horario: 10 a 12h.

Punto de encontro: Leandro Diz,5 (paso subterráneo)