Fiare reúne máis de 300 persoas en Barcelona para culminar o proceso de integración con Banca Popolare Etica

 

O próximo sábado 29 de marzo celebrarase en Barcelona a terceira Asemblea estatal de Fiare-Banca Ética, que terá como elemento central a culminación do proceso de integración con Banca Popolare Etica.fiare-firenze


A
Asemblea, que reunirá a máis de 300 persoas de todo o estado, faise por primeira vez en Barcelona aproveitando a reunión do día anterior do consello reitor da cooperativa, composta por unha maioría de mulleres e coa presenza do conselleiro de Área, Peru Sasia.


FIARE é unha organización de banca ética con 4.900 persoas socias e máis de 4,7 millóns de euros en capital social. A participación galega suma máis de 330 persoas físicas, 33 organizacións e 1 concello, que se coordinan e constrúen banca ética a través dos “GIT” Galiza Norte e Galiza Sur.

 

Ata o día de hoxe, FIARE financiou proxectos por valor de 28 millóns de euros. Os principais ámbitos de financiamento son proxectos vinculados coa inserción social e laboral de persoas, no campo dos valores e a educación, a agroecoloxía, o comercio xusto e a cooperación norte-sur.


Banca
Popolare Etica é unha cooperativa de crédito orixinariamente de ámbito italiano que a partir de 2005 empezou a traballar no territorio español xunto con Fiare. Na primeira Asemblea estatal de 2012 acordouse comezar un proceso de diálogo para a integración de ámbalas dúas entidades co fin de construír unha entidade de banca ética cooperativa de ámbito europeo. Banca Popolare Etica conta con 37.000 persoas socias e un capital social de máis de 46 millóns de euros.

Actualmente a cooperativa de crédito conta con 21 grupos territoriais consolidados en España e 70 en Italia. O formato cooperativo nunha entidade de finanzas gaña importancia nun momento histórico no que a participación e a transparencia son elementos clave no deseño de estruturas e servizos necesarios para as persoas.


O venres pola tarde
Fiare-Banca Ética organiza un acto público que contará coa presenza de Ugo Biggeri, presidente de Banca Popolare Etica (BPE) e Peru Sasia. Baixo o nome “Novos horizontes dun Proxecto europeo” os relatores conmemorarán o décimo quinto aniversario de Banca Popolare Etica en Italia e situarán os obxectivos que permitirán alcanzar a ampliación de servizos da operativa bancaria en outono. A continuación, varias cooperativas debaterán nunha mesa redonda a implicación das organizacións na “Construción dunha banca ética cooperativa, un reto colectivo”.