Hoxe recibimos unha moi triste e inesperada noticia. Finou Carmelo Teixeiro, coordenador do Comité Cidadán de Emerxencia para a ría de Ferrol.
O Comité Cidadán de Emerxencia e demais asociacións integrantes queremos manifestar o noso máis fondo pesar polo falecemento de Carmelo Teixeiro Menéndez e amosar as nosas condolencias á familia e amigos.
Carmelo, era persoa cunha traxectoria vital de exemplo en valores e principios, salientable polo seu compromiso na defensa da ría de Ferrol e na loita por unha sociedade máis xusta, solidaria e comprometida co medio ambiente.
Solicitamos a toda a sociedade, cidadás e cidadáns, asociacións, entidades e institucións, a amosar a solidariedade coa súa persoa, a súa acción e o seu pensamento, participando nas súas honras fúnebres que terán lugar: Mércores 6 de Febreiro ás 18 h. no Cemiterio de Catabois (Ferrol) Velatorio: Tanatorio Artabria – nº 5 – (A Gándara – Ferrol)