O Instituto de Ensinanza Secundaria A Guía, en Teis, acolle dende a semana pasada ata o próximo martes 4 de Decembro unha exposición sobre Cambio Climático promovida polo colectivo ecoloxista Verdegaia e a confederación estatal Ecologistas en Acción.
A mostra, que consta de 14 paneis a toda cor, explica clara e gráficamente as causas desta ameaza climatolóxica, os efectos que ten sobre o Planeta especialmente no Sur, e as posibles solucións ou alternativas que temos para facerlle fronte a esta gran ameaza global.
A devandita exposición trata de concienciar á cidadanía en xeral e as novas xeracións en particular sobre a gravidade actual do Cambio Climático e a necesidade inaplazable de adoptar medidas urxentes para afrontar o problema. Asímesmo pretende provocar a reflexión sobre o noso estilo de vida consumista e despilfarrador e fomentar a acción individual e colectiva na loita fronte ao Cambio Climático cunha forma de vivir máis respetuosa co medio ambiente, en harmonía coa natureza.
Asimesmo, o venres día 30 de Novembro terá lugar nese mesmo Instituto unha charla sobre cambio climático con rapazas e rapaces de 3º y 4º da ESO.