Como boa cidade universitaria, Compostela móvese ao ritmo do calendario académico… Achéganse os exames de febreiro e despois de varios meses de accidentada inxesta de información, agora chega o momento de dixerir e regurxitar os coñecementos… Mais, xusto agora, cando os días non teñen horas dabondo, mentres uns/unhas se agobian e outros/as lembran mellores tempos, xurde a pregunta: para que estudamos?, estudamos para conseguir un posto de traballo?, estudamos para realizarnos?, estudamos porque era o que facía todo o mundo? E o que é peor, que aprendemos?. Aprendemos a traballar? Aprendemos a colaborar ou a competir? Aprendemos a respeitar os límites da natureza ou a ignoralos? Aprendemos a conservar ou a destruír? O vindeiro mércores 20 de xaneiro, ás 20:30 horas xuntarémonos no pub "Paraíso Perdido" a buscar a resposta a estas e outras preguntas que, de seguro, xurdirán nesta "Tertulia Ecoloxista" aberta a todos e todas as que lles apeteza compartir un momento de conversa. Quedades convidados!