O xoves 29 de xaneiro ten lugar unha nova edición da Masa Crítica de Ourense.
Este mes Verdegaia encárgase de facer unha actividade, que consistirá na presentación do "publiciclo", é dicir, unha bicicleta na que se leva publicidade.
Con esta actividade demostramos que a bicicleta non soamente é o mellor medio de transporte na relación custo ecolóxico máis baixo-custo económico máis baixo-tempo, senón que se poderá ver como serve para unha actividade moi diferente: levar publicidade.
Animámosvos a todas a participar nesta Masa Crítica (todos os últimos xoves de mes): quedamos polas 20:00 ou 20:15 h no Parque de San Lázaro (diante da Subdelegación do Goberno) para saír polas 20:30 h.
Podedes incorporarvos ó espírito do "publiciclo" levando todo tipo de camisolas, lemas… relativo ó uso da bicicleta.