Por un 2023 máis xusto, solidario e ecolóxico!

O Nadal é unha das datas de de maior consumo do ano e en Verdegaia sempre defendemos unha celebración máis responsábel social e ambientalmente e con menos consumo. Queremos lembrarvos os propósitos de ano novo que presentamos en 2021 que continúan vixentes para calquera momento no que queiramos comezar a realizar e difundir unha vida máis consciente e solidaria.

Aínda así, sabemos que nestas datas é difícil resistirse á presión da celebración, das compras e dos agasallos para familiares e amizades polo que este ano propoñemos, en caso de comprar presentes, que estes tamén contribúan a mellorar o ambiente, reducir o consumo e os plásticos. Con pequenas accións individuais podemos contribuír en grande parte á mellora ambiental e social polo que vos achegamos estas dúas propostas de Iogurteira e Xaboeira magnética.

As ideas continúan abertas por se nos queredes enviar máis propostas (a info@verdegaia.org) que formarán parte de materiais para contribuír á difusión e á educación ambiental nas aulas.