E o tempo nom para nesta comarca belida de Montes. Anotade que o sábado día 5, de manhá aqueceremos os corpos quitando flora invasora na Praia Fluvial de Cerdedo e de tarde celebraremos a vida con aleghria e diversom com o Ghalpom Social da Rousmeri!

Sobre as 14h a organizaçom convidará as pessoas participantes a un jantar colectivo, quem tenha algum tipo de restriçom alimentaria que avise no momento de se apuntar. Se chover jantaremos já no galpom social de Rousmeri (a 15 min, do monte de carro). A jornada continuará co entroido no Ghalpom, o certame de bailes absurdos e algumha sorpresa…

Para anotar-se é preciso avisar ao (689858197 ou 685853388) antes do xoves 3!

DICAS PARA A JORNADA DA MANHÁ
As pessoas participantes deverám traer roupa ajeitada (ao choio e ao entroido) e luvas de trabalho, as ferramentas a usar serám o foucinho, o serrucho e o sacho. Agradece-se a quem puder que traia os próprios. Temos pouca ferramenta.

O terreno é em costa, con toxo e mato a media perna nalguns tramos. Os trabalhos a fazer som: amorear eucaliptos talados do ano pasado, segar toxo, cortar eucaliptos agromados.

Moeda social “A Sabia” para as brigadistas participantes

Verdegaia colabora coa moeda social A Sabia na procura de crear sinerxías entre persoas e redes sociais, comunitarias, solidarias e ambientais fomentando o consumo de proximidade baseado na confianza e o apoio mutuo, e procura favorecer o pequeno comercio e o autoemprego.

A Sabia ofrece, ás e aos Brigadistas que o desexen, unha cantidade en moeda social que poderán recibir na súa conta cada vez que participen nunha brigada como a desta convocatoria.

Para poder recibir a moeda hai que abrir unha conta na aplicación Cyclos: e enviar un email a compostela@verdegaia.org ou un correo á conta de cyclos de Verdegaia informando do seu interese en recibir a moeda.

VÉMONOS NO MONTE!