Este domingo 28 de agosto finou Enrique Romasanta (Roma), compañeiro de loita, infatigable e solidario. Compañeiro de Verdegaia e d’A Ría Non se Vende.

Marchou en silencio, igual que traballaba, demostrando sempre un forte compromiso en todas as causas que sempre o moveron e nos seguirán movendo cada día.

Vai ser difícil traballar sen ti compañeiro, sempre buscando esas fendas, esas portas que nos permitisen entrar e sacarlle as cores aos gobernos e ás administracións.

Optimista de vontade, traballador incansable e fiel aos principios que nos trouxeron aquí. Non podemos máis que agradecer o estar e o ser. Foi un pracer compartir contigo todos estes anos de reivindicacións en defensa da terra e do litoral, compañeirismo e amizade. Non temos palabras para agradecer o teu inmenso traballo en prol da Ría onde, como ti dicías, facer cumprir a lei era un acto case revolucionario.

Boa viaxe compañeiro!!!

Entrevista publicada n’A Peneira en 2009