As asociacións e colectivos integrantes da rede de troco e cesión Vigotroca, Amarante, Árbore, Caleidoskopio, Verdegaia e Centro Social do Calvario (Vigo, rúa Numancia, 3), invitámosvos a participar, os próximos 27 e 28 de xuño, en Vigo, nun encontro galego de economías alternativas: bancos de tempo, troco, cesión e moedas alternativas. O obxectivo destas xornadas é propiciar un contacto entre os grupos e organizacións galegas que traballan para impulsar una economía ética. O encontro iniciarase a mañá do sábado 27 coa celebración do mercadiño mensual de troco e cesión de Vigotroca, na rúa Urzáiz de Vigo, e seguirá, tras un xantar conxunto, coa presentación dos colectivos participantes e a exposición das actividades que estades a desenvolver. Troco, cesión, bancos de tempo, moedas alternativas, instrumentos financeiros éticos… A economía real, a economía decente.
E, o domingo, realizaremos un roteiro guiado polo espazo natural das Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro, en Porriño. Porque a economía é tamén, ecoloxía.
 
Programa do sábado 27 de xuño
11:00-13:00  Mercadiño de troco e cesión na rúa Urzáiz, fronte ó mercado do Calvario.
14:00            Xantar conxunto das persoas asistentes ás xornadas.
16:00           Asemblea de organizacións de troco, cesión, bancos de tempo e economías alternativas. Presentación, posta en común de experiencias, propostas de futuro.
19:00            Presentación de ferramentas financeiras éticas (Coop-57, Fiare, etc.); redes de Troco (Ourense, Ferrol, etc); e moedas alternativas
21:00            Cea conxunta na Cova dos ratos, A.C. Caleidoskopio: actuacións e lecer.
 
Programa do domingo 28 de xuño
10:00            Partida cara as Ribeiras do Louro, no Porriño.
11:00            Roteiro guiado polo espazo natural.
14:30            Xantar conxunto das persoas asistentes na Cova dos ratos, A.C. Caleidoskopio.
 
Recórdao: os días 27 e 28 de xuño, implícate connosco en Vigo. Por ti. Por todas.
 
Asinado:
Amarante, Árbore, Caleidoskopio, Verdegaia e Centro Social do Calvario
Vigo, 18 de xuño de 2009
Contacto: Eva (Amarante) 687 663015 – Javi (Caleidoskopio) 986 113796 – Fran (Verdegaia) 666 841041.
Email: vigo@verdegaia.org Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver   / http://vigotroca.arkipelagos.net