Como xa se anunciou en varias comunicacións, o vindeiro sábado 24 de novembro terá lugar no local de Compostela o encontro de áreas deste ano. Por favor, é necesario que, canto antes, as persoas que pensedes vir vos inscribades enviando un correo a compostela@verdegaia.org. Arestora hai moi poucas inscricións, e as persoas que estamos a organizalo necesitamos saber con canta xente imos contar.
Lembrade tamén que o domingo imos de roteiro á serra do Candán co guía Miguel Agulló e o contacontos Celso F. Sanmartín.
Grazas e desculpade a insistencia. E animaivos, ho!