Xa está aberta a preinscrición até o 8 de xullo

Os Encontrinhos están aquí de novo!

Dende aqueles primixenios entre Ortigueira e Ribadeo do ano 2010, demos un salto na nosa xeografía cara ao río Miño (entre Ourense e Baiona) no ano 2014, bordeando A Raia e pasando ao noso benquerido Portugal, par a xa optar no ano 2018, por tirar dende Pontevedra até Ribeira. No 2024 retomamos onde o deixaramos en Ribeira para chegar a A Coruña. No 2026 , queremos seguir sempre pola costa, volvemos a partir da Coruña para chegar a Ortigueira! Do 8 ao 16 de agosto!!

Unha nova oportunidade para coñecer o país, para os da casa e para os de fóra.

Unha semana para gozar da paisaxe, da cultura e da gastronomía galega pedaleando sen presa nas vosas bicicletas.

Outro xeito de viaxar desfrutando do traxecto dun xeito ecolóxico e respectuoso.

As etapas serán as seguintes:

  1. Sábado 8 agosto; Recepción dxs primeirxs visitantes na Coruña. Masa crítica e bici-viños.
  2. Domingo 9 agosto: A Coruña →Sada
  3. Luns 10agosto: Sada →Pontedeume
  4. Martes 11 agosto: Pontedeume →Narón
  5. Mércores 12 agosto: Narón →Valdoviño
  6. Xoves 13 agosto: Valdoviño →Cedeira
  7. Venres 14 agosto: Cedeira →Cariño
  8. Sábado 15 agosto: Cariño → Ortigueira
  9. Domingo 16 agosto: Regreso

Pre-inscricións abertas do 1 ao 8 de xullo!

Inscrición

Información e pre-inscrición: FORMULARIO

Para calquera dúbida podedes escribir ao correo-e: encontrinhosgz@gmail.com

Pasados uns días para facer a selección, enviarémosvos un correo-e para formalizar a inscrición.