Os bancos marisqueiros da Ría de Pontevedra están sendo sometidos a unha presión crecente que pon en perigo a súa propia supervivencia. Decenas de aportes de augas fecais non depuradas, grandes cantidades de augas industriais con débil depuración e agresións á liña de costa son as principais causas dun insoportable estrés ambiental que pon en perigo a produción dos sectores primarios na Ría. Entre esas agresións destacan os vertidos das fábricas do complexo industrial de ENCE que son unha das principais causas de que o banco marisqueiro de Lourizán teña sido catalogado como Tipo C (esixe tratamento nunha batea de depuración). Esta situación pon en perigo a supervivencia dos recursos pesqueiros e marisqueiros na zona e consecuentemente a de moitos postos de traballo en actividades sostibles que son unha garantía de conservación dos ecosistemas da Ría de Pontevedra.
Related Posts
DENUNCIA
Entradas Facebook
20 horas fai
Queres trabalhar na Serra da Estrela? Veredas da Estrela está recrutando pessoas para os seus projetos 👍💪💪💪
... Ver máisVer menos
20 horas fai
Fotos da publicación de Veredas da Estrela
... Ver máisVer menos