Hoxe envióuselle á Consellería de Medio Ambiente, dentro do período de consultas, un documento coas consideracións sobre o encanamento do río Arnoia ó seu paso por Allariz.

 

Este encanamento xa modificou un PXOM porque había infraestruturas (viais, edificacións, etc.) que entraban dentro da zona de inundación natural do río Arnoia no seu paso por Allariz.

Aínda coas modificacións, hai parte dunha urbanización que entraría ó borde desta zona, así como zonas de lecer, esencialmente deportivas e un vial. 

Verdegaia considera que se deben anular todas estas obras e paralizar as que están iniciadas para non practicar un encanamento do río, aínda que sexa nunhas zonas concretas, o que afectaría á vexetación de ribeira, ós animais que viven nese hábitat e a conformación natural do río. Ademais habería que drenar a auga que subiría de forma natural a outro sitio, o que supón un gasto de enerxía, ademais das afectacións antes mencionadas. 

 Podedes descargar o documento que se pesentou no enlace que se pon a a continuación:

 

microsoft_word_-_consideracins_e_propostas_encanamento_do_ro_arnoia__seu